CASA DO ROMUALDO

LU | Vilar, 6, Vilela, ; Taboada-Lugo, Taboada 27596

Descripción

Casa do século XVI con palleira, hórreo, aira, forno, horta e leiras que conforman unha fermosa mostra da arquitectura rural do sur de Lugo.
Tranquila e familiar acolle, ademáis da na vivenda, salóns, comedor e cuartoss que nas súas amplas camas dispoñen de confortables colchóns de látex con sabas de fío.
Engaiolados polo lume da lareira poderedes gozar dunha boa conversa entre amigos.
Nas comidas que con mimo elaboramos na nosa cociña de leña reviviredes aromas e sabores.
Se vades facer o Camiño de Santiago, tanto se ides polo Camiño Francés como se o facedes polo Camiño do Sur, poderedes descansar e repoñer forzas na nosa casa.
Dispoñemos dunha furgoneta Mercedes - Vito de 8 prazas, así que podemos, se o desexades, recollervos o remata- las etapas ou trasladarvos por rutas e lugares de interese.
Estamos a media hora de Lugo, Ourense ou Monforte, e a poco máis de unha hora de Vigo, A Coruña, Pontevedra ou Santiago de Compostela.

Servicios

  • Jardín-Terraza
  • Chimenea

Mapa